jueves, 26 de mayo de 2011

Presentación do Proxecto Milladoiros de palabras-pedra


Día: Sábado 28 de Maio
Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo
Hora: 19:30

Ficades todos convidados á apresentación deste proxecto criado e xestionado por Pedro Bravo, compañeiro do Monte da Estrela.




O obxectivo desta proposta é xerar reflexións e afirmacións individuais e colectivas.

Trata-se de procurar erixir nas comarcas do país milladoiros con pedras que leven inscrita unha palabra galega escollida pola persoa participante.

En todas as fases do desenvolvemento será unha obra colectiva, coordenada por unha equipa en cada comarca que será a que decidirá o proxecto definitivo, incluindo a eventual determinación da temática lingüística e/ou simbólica do milladoiro concreto.

http://galegolab.org/idea/amilhadoiros-de-palavras-pedra-1/

martes, 24 de mayo de 2011

Camiñada Agolada

Unha xornada inesquecíbel grazas a un guía de luxo como Manuel Busto Galego, e aos participantes. Máis que un grupo unha pequena familia.

Agradecidos a todos!!!!!!

http://aquamlatam.blogspot.com/

martes, 10 de mayo de 2011

Concerto expansivo en homenaxe a Lois Pereiro

Este xoves 12 de maio ás 20:30 no Café Concerto da Bata de Guata

loispereiro.blogaliza.org

Teremos a honra de contar con:

Cántigas da Terra
Carmen (Tati) Mancebo López
Antón Borrazás

....

lunes, 9 de mayo de 2011

Excursión Agolada


Data: Sábado 21 de maio de 2011
Grao de dificultade: media-baixa
Saída ás 8:00h
Rota e visita guiada

Prezos: socios 8 euros
Non socios: 12 euros
Nº Conta Caixa Galicia 2091 0014 92 3000179557
Prazas limitadas - Previa Inscrición -
Contacto: direccion@montedaestrela.org
telf. 667 860 775






Nesta ocasión propomos coñecer as terras de Agolada, municipio que está situado no centro xeográfico do país, no extremo nordeste da provincia de Pontevedra.
O nome da vila de Agolada podería provir do latín "aqua Lata" (terra brañenta), ou tamén da súa situación xeográfica, xa que está comunicada coas zonas limítrofes, a través de moitas pontes construídas na época romana. De tempos prehistóricos, consérvanse importantes testemuñas correspondentes á cultura megalítica. Así mesmo, son de destacar os moitos castros existentes neste municipio.
DESCRICIÓN DA ROTA:
Desta vez dividirémola en duas etapas:
Imos comezar cunha rota de 7 Km no Sobreiral do Arnego, que é un espazo natural único. Atópase no concello de Agolada, fronteirizo con Lalín e Vila de Cruces. Trátase dunha área forestal no val do río Arnego, formada principalmente por sobreiras (Quercus Sober), especie propia dun clima máis suave, que conseguiu sobreviver e prosperar no val do río Arnego, grazas as condicións climatéricas que apresenta este enclave. O val de Carmoega, conta cun microclima con temperaturas mornas ao longo de todo o ano, polo que resulta ser un hábitat propicio para as sobreiras, mais tamén medran carballos, castañeiros, amieiros, bidueiros, sanguiños, freixos, piñeiros...
A peculiaridade deste paraíso natural fixo con que, se adoptasen medidas para a súa protección, polo que foi incluído na Rede Natura e considerado coma LIC (Lugar de Interese Comunitario).
A rota finaliza nun castro, onde apañaremos o ómnibus que nos levará ao Pazo de Eidián, típica casa solarenga de finais do século XVI, que foi parcialmente modificada con diversas obras defensivas, ao tornarse cantón militar das tropas realistas, no Sec. XIX. Hoxe está dedicado ao turismo rural. Alén desta visita, tamén coñeceremos o Pazo de Borraxeiros, que é unha das máis fermosas obras da arquitectura civil, do noso patrimonio.
Na segunda parte, que decorrerá despois do xantar, percorreremos as torrentes de Mácara (3 Km), nun treito do río Ulla, de gran beleza, con rápidos, pequenas fervenzas e pozas, que nos permitirán desfrutar dun fermoso lugar, cheo de natureza e vida acuática.
Para finalizarmos, visitaremos os Pendellos de Agolada, que constitúen un recinto arquitectónico, ubicado no núcleo urbano do mesmo nome, que era utilizado como punto de venda nas feiras da localidade. A súa construción data do século XVIII.

MANUAL DE CAMPAÑA: A saída será as 8.00, da paraxe de ómnibus, sita no centro de Arteixo (dirección Coruña). De aí, iremos ás terras de Agolada, para comezarmos a rota ás 10.00 da mañá, no Sobreiral do Arnego, mais non sen tomar antes un café, que nos acorde. Posteriormente, por volta das 13.00 visitaremos os Pazos de Eidián e Borraxeiros.
Polas 14.00 tomaremos o xantar, que debemos levar preparado, e por volta das 15.00 principiaremos a segunda parte da rota, desta vez polo Salto de Mácara.
A visita finalizará no núcleo do Concello de Agolada, para visitarmos os pendellos e así regresarmos ás 18.30 horas.

jueves, 5 de mayo de 2011

Próximamente ...

Excursión A Golada (Pontevedra)

Sábado 21 de Maio

Hora prevista de saída: 8:00h