lunes, 6 de junio de 2011

Camiñada a Castro de Rei

Data: Domingo 12 de xuño de 2011
Dificultade: Baixa
Saída ás 8:30h

Prezos: socios 8 euros
Non socios: 12 euros
Nº Conta Caixa Galicia 2091 0014 92 3000179557
Prazas limitadas - Previa Inscrición -
Contacto: direccion@montedaestrela.org
telf. 667 860 775

Coa próxima saída visitaremos o Castro de Viladonga, e faremos duas rotas a través da natureza e da literatura, a rota do Azúmara e a rota da Escrita, que atravesan o patrimonio artístico e natural de Castro de Rei.

* Rota do Azúmara: É un percurso de oito quiilómetros que une o castro de Viladonga coa vila de Castro de Rei, que acondicionaron e puxeron en funcionamento os membros da asociación Amigos da Feira de Castro de Rei fai máis de dez anos. A rota, que segue o curso do río, decorre por lugares como o Muíño do Prado ou a mina de arsénico que funcionou até a década dos anos 50, e complétase con 19 textos poéticos de escritores chairegos.

Xa á tarde, e despois de xantar en Castro de Rei, comenzaremos a facer a rota da Escrita:

* Rota da Escrita: É unha senda de sete quilómetros de lonxitude que vai desde a igrexia de Castro de Rei á parroquia de Coea. Ao seu paso, o camiñante atópase 24 pedras con poemas sobre a comarca chairega e, a 300 metros da igrexia parroquial de Santa Locaia, pode verse o gran vía crucis da comarca, a estatua do Sagrado Corazón, que vixía a Terra Chá dende os seus 25 metros de altura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario