jueves, 23 de diciembre de 2010

O XOVES 29 PRESENTARASE EN ARTEIXO A OBRA “GALIZA” DE MANUEL MARÍA E O PROXECTO DA CASA MUSEO DO ESCRITOR




O XOVES 29 PRESENTARASE EN ARTEIXO A OBRA “GALIZA” DE MANUEL MARÍA E O PROXECTO DA CASA MUSEO DO ESCRITOR.

A escritora Marica Campo lerá poemas de Manuel María


O xoves día 29 presentarase en Arteixo a obra inédita de Manuel María titulada “Galiza”, así como o proxecto da Casa Museo do escritor que está promovendo a Fundación que leva o seu nome. O acto, organizado pola Asociación Cultural “Monte da Estrela”, está previsto para as 20 horas no Centro Cívico Cultural e contará coas intervencións de Xosé R. Freixeiro, catedrático de Lingua Galega na Universidade da Coruña, Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos e Aniceto P. Nunes directivo da Asociación. Ademais, contarase no acto coa presenza de Saleta Goy, viúva do escritor e con Marica Campo que dará lectura a algúns dos poemas de Manuel María.

A Fundación leva tres anos traballando para converter a casa natal de Manuel María en Casa Museo do escritor. A Fundación acaba de adquirir dita casa e dará a coñecer no transcurso do acto o proxecto da súa remodelación de maneira que se adecúe aos novos usos culturais que se pretenden.

O libro “Galiza” sae á luz da man da Fundación nunha edición moi coidada con ilustracións de Xosé Cobas e fotografías de Manuel Graña. A obra reproduce un texto mecanografado polo autor que permanecía gardado no seu arquivo particular e que figura sen datación, aínda que da súa lectura se desprende que foi escrito arredor de 1986 ou 1987. A pesar do tempo transcorrido, a obra conserva todo o seu valor e actualidade, xa que o autor se centrou fundamentalmente naqueles aspectos do país que resultan máis permanentes e, por tanto, menos suxeitos ás inevitábeis mudanzas temporais. Ao mesmo tempo, tal como o autor deixou expresado no manuscrito, incorpóranse ilustracións e gráficos que complementan a información ofrecida por el, mais con datos actuais, de modo que o libro se presenta ao público de hoxe perfectamente posto ao día no relativo á información que contén.

Trátase dunha síntese da historia e da xeografía da Galiza realizada por un dos escritores galegos máis destacados da segunda metade do século XX e por unha das persoas que mellor coñecía o país, tanto fisicamente, como espiritualmente, xa que tivo unha dedicación constante ao estudo e á reflexión sobre a historia, a literatura, as tradicións e a alma dunha Galiza que amaba profundamente.

Aínda que a obra é unha descripción do propio País, o seu autor acude á ficción do diálogo entre rapaces e rapazas, que neste caso tracexan desde a distancia da Galiza emigrante unha imaxe entre real e bucólica do país soñado. Por tanto o libro ten tamén unha decidida vocación didáctica, e vai dirixido tanto a un público xeral interesado en coñecer de forma concisa e amena algúns dos aspectos máis destacados do pasado e do presente do seu país, como tamén, e de modo especial, a un público xuvenil, pois novas son tamén as personaxes que o protagonizan e nova e refrescante lles vai resultar en moitos casos a visión que aquí acharen do seu propio país, dispoñendo tamén o profesorado dunha ferramenta atractiva e útil.



Arteixo a 22 de novembro de 2010

ASOCIACIÓN CULTURAL MONTE DA ESTRELA

sábado, 11 de diciembre de 2010

Camiñada


Agradecidos pola participación e por contar coa colaboración de Xoán Creus que tan ben nos foi comentando ao longo do camiño as súas impresións e consellos.
Grazas a todos.










domingo, 5 de diciembre de 2010

2º Dia das Unidades Didácticas


O día un de decembro os rapaces de sexto de primaria do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo tiveron a ocasión de acercarse ao oficio dos torneiros coa madeira. Unha xornada que sen dúbida non esquecerán.

sábado, 4 de diciembre de 2010

Camiñada Monte da Estrela





CAMIÑADA SÁBADO 11 DE DECEMBRO

Arteixo: o desenvolvemento dunha periferia

Esta camiñada está dedicada a realizar unha valoración aproximada do urbanismo, após da chegada da industria a Arteixo, alá polos anos cincuenta. Mistura dun pasado, un presente e un futuro que máis que se integraren están a pór en perigo o patrimonio histórico, natural e paisaxístico do territorio, e por tanto, tamén o benestar dos que alí habitan.

Imos camiñar por lugares como Rañobre, Suevos, ou Pastoriza, por seren as zonas que de forma máis brusca viron mudar a súa paisaxe e modos de vida, a medida que a industria foi chegando.

Para a ocasión contaremos con Xoán Creus Andrade (Cee, 1966), Arquitecto titulado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña en 1992, e profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da mesma universidade.

Se as circunstancias metereolóxicas foren adversas, a actividade será substituída por unha palestra que terá lugar no Centro Cívico de Arteixo ás 10:30h

Lugar e hora de partida: Igrexa de San Tirso de Oseiro - 9:30h -
Iscrición gratuíta: direccion@montedaestrela.org
Tlf 667 860 775 – 653 534 320

www.montedaestrela.org

Organiza ASOCIACION CULTURAL MONTE DA ESTRELA

Colabora Concello de Arteixo
Concellaría de Cultura








martes, 30 de noviembre de 2010

1º Dia das Unidades Didácticas













No día de hoxe os nenos de 3º de Primaria do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo tiveron a oportunidade de acercarse ao oficio dos cesteiros da mán de Lourdes Acera Olaso, membro da Asociación de Artesáns do Eume. Gracias a ela os rapaces poideron elaborar unha fror de papel, para logo ver como se confeccionan os cestos, nesta ocasión de papel como sustituto doutros materiais propios dos cestos tradicionais.



lunes, 29 de noviembre de 2010

Camiñada

Próximamente......................, no mes de Decembro

Unidades Didácticas 2010











Dende a Asociación Cultural Monte da Estrela comprácenos informar que mañá martes comezaremos as Unidades Didácticas que como o ano pasado desenvolveránse no CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo. Este ano contaremos cos Artesáns do Eume para, dunha forma sinxela e amena, poñer aos rapaces en coñecemento dos oficios tradicionais, nesta ocasión a través do pirograbado, cestería, e o traballo dos torneiros.







domingo, 28 de noviembre de 2010

II Xornadas. 4º sábado 27 novembro




Dicir que foi un pracer contar ao longo do mes de novembro con todos vos, e este sábado tivemos o honor de clausurar as xornadas con Javier Guitián e Lourenzo Fernández Prieto falando do patrimonio natural. Toda unha oportunidade para acercarse ao tema dende o sentido común, algo cada vez máis difícil de atopar, e a profesionalidade exercida con responsabilidade. Grazas!!!

jueves, 25 de noviembre de 2010

II Xornadas. 3º sábado 20 novembro





Esta xornada foi unha oportunidade privilexiada para acercarnos á Historia da Lingua Galega, da nosa lingua, facendo un repaso pola súa traxectoria ao longo do tempo para así poder facer unha reflexión do seu estado actual. Foi un todo un pracer. Gracias.

lunes, 15 de noviembre de 2010

II Xornadas. 2º sábado 13 novembro



Este sábado foi unha ocasión para, dende Arteixo, acercarse ao traballo que están a desenvolver, tanto Erundina Alvela a través da Fundación Pro-Patrimonio de Rois, como a Asociación dos Artesáns do Eume, a prol do Patrimonio Etnográfico Galego. Un gran traballo que enchen de grandes doses de perseverancia e sentido común. Gracias a todos.

http://propatrimoniorois.org/

domingo, 7 de noviembre de 2010

II Xornadas. 1º sábado 6 novembro

Boas a tod@s, e grazas aos asistentes que nos acompañaron na inauguración das II Xornadas sobre Patrimonio Cultural, sen vos e os ponentes, José Manuel Caamaño Gesto e Ángel Concheiro Coello, non terían sentido, nin sido posibles. Contamos con vos para o vindeiro sábado 13 de Novembro. Saúdos sinceiros, Montedaestrela





































miércoles, 13 de octubre de 2010

II Xornadas de Patrimonio Cultural Local

Sensibilización e coñecemento
As claves cara a protección e conservación

A Asociación Cultural Monte da Estrela comprácese en te convidar a estas palestras, que fan parte da actividade que estamos a desenvolver pola defensa, recuperación e divulgación do patrimonio cultural local

Confiando en que sexan do voso interese, sumaremos forzas en podermos cumprir, dentro das nosas posibilidades, os obxectivos marcados, e contribuírmos para a sensibilización e posta en valor da importancia da materia, tamén cara á súa sustentibilidade e transmisión ás xeracións do futuro

Lugar: Centro Cívico de Arteixo

Paseo do Balneario, 1

Días: Sábados do mes de Novembro

Hora: A partir das 16:00 h

Inscripción previa e gratuita:

direccion@montedaestrela.org

Telf. 653 534 320
667 860 775


PROGRAMA


Sábado 6

O Patrimonio Arqueolóxico


As vías romanas

José Manuel Caamaño Gesto

Profesor de Arqueoloxía da USC


Estratéxias de conservación, prevención e posta en valor en xacementos castrexos

Ángel Concheiro Coello

Arqueólogo


Sábado 13

O Patrimonio Etnográfico


O patrimonio cultural co desenrolo social, cultural e económico do pobo

Erundina Figueira Alvela

Xerente da Fundación Pro-Patrimonio de Rois (A Courña)


Dinamización dos oficios artesáns tradicionais do Eume

César Dapena Pichel

Presidente da Asociación de Artesáns do Eume (A Coruña)

Lourdes Acera Olaso

Secretaria da asociación e técnica de dinamización da asociación


Sábado 20

O Patrimonio Inmaterial


A lingua como patrimonio galego fundamental

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Catedrático de Filoloxía Galega UDC


Reflexións sobre a calidade do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da UDC


Sábado 27

O Patrimonio Natural


Presente e futuro da Consevación da natureza en Galicia

Javier Guitián

Catedrático de Botánica da USC


Atraso, progreso e paisaxe...

Lourenzo Fernández Prieto

Catedrático de Historia Contemporánea da USC



Para máis información e inscripción:

Rúa Torrente Ballester nº1 , 4ºA
5142 Arteixo - A Coruña

Teléfonos: 653 534 320
667 860 775

direccion@montedaestrela.org

www.montedaestrela.org



Organiza

Asociación Cultural Monte da Estrela


Rúa Torrente Ballester nº1 , 4ºA

15142 Arteixo - A Coruña


www.montedaestrela.org

http://acmegaliza.blogspot.com

direccion@montedaestrela.org

Facebook: Montedaestrela Arteixo



Colaboran

Deputación de A Coruña
Centro Cívico de Arteixo






sábado, 2 de octubre de 2010

Próximamente.......

En breve faremos público o noso calendario de actividades para os vindeiros meses de outubro, novembro e decembro.

Anímate e participa das nosas camiñadas, palestras, exposicións, ...

jueves, 27 de mayo de 2010

Camiñada

SÁBADO 12 DE XUÑO

"O INCIO - LUGO- AS PORTAS DO COUREL"

As terras do Incio encóntranse situadas a cabalo entre as Serras Surorientais, básicamente a Serra do Courel, e as Terras de Lemos. Esta peculiar posición fai desas fermosas terras un área de transición entre a flora e a fauna das montañas cantábricas e aquela procedente do val do Sil-Miño; trátase, xa que logo, dun territorio dual. O obxeto da ruta polo Incio e percorrer os seus bosques e lugares para mostrar a diversidade da súa paisaxe e do seu patrimonio cultural.

Javier Guitián
Catedrático de Botánica da USC


INSCRICIÓN PREVIA CON PRAZAS LIMITADAS

direccion@montedaestrela.org

Telf. 667 860 775 - 653 534 320


ITINERARIO

8:00h Saída. O bus partirá de Arteixo, dende a paraxe que hai xunto á panadería Gestal.

Chegados ao destino, logo dun café, dará comezo a primeira etapa que partirá de Foilebar até San Eufrasio. Percorrido que nos mostrará un espazo natural de gran valor patrimonial co Val do Mao como referencia.

Xantar

A segunda etapa transcorrerá de Foilebar até Hospital, traxecto que nos permitirá, de novo en contacto coa natureza, coñecer e gozar doutros bens do patrimonio cultural do medio rural galego, como por exemplo do muiño de Trascastro e da Igrexia de San Pedro Fiz de Hospital.

A xornada contará coas seguintes presenzas e guías de excepción:

Javier Guitián – Catedrático de Botánica da USC
Marica Campo – Escritora natural do Val do Mao
Manolo do Carronzo - Coñecedor da toponimia local
Pepe do Sancho - Muiñeiro
O Zoqueiro de Hospital - Sacristán da Igrexa San Pedro Fiz

XANTAR

Cada un deberá traer o seu propio xantar ou participar do xantar organizado optativo previa inscrición -16 €-

RECOMENDACIÓNS

Calzado cómodo e axeitado, gorra, auga, protección solar, peza de abrigo, ...

O carácter da actividade é gratuito salvo a comida
O programa pode variar dependendo das condicións climáticas
Hai límite de admitidos

INSCRICIÓN

direccion@montedaestrela.org

Telf. 667 860 775 - 653 534 320

martes, 4 de mayo de 2010

Os Coros das Irmandades, un xeito de vivir o país e Cantiga da Terra


ASOCIACIÓN CULTURAL MONTE DA ESTRELA

Venres 21 de Maio
Centro Cívico de Arteixo


20:00 Os Coros das Irmandades, un xeito de vivir o país
por Moncho o do Orzán

21:00 Debate
21:15 Audiovisual Perfecto Feixoo
21:30 Actuación Cántigas da Terra

De carácter gratuito as invitacións pódense recoller no Centro Cívico de Arteixo ou a través dos seguintes teléfonos e correo electrónico:

Teléfonos: 653 534 320 - 667 860 775

direccion@montedaestrela.org





viernes, 30 de abril de 2010

Benvidos ao Portal de Actividades de A.C.M.E.


Esta páxina, pretender ser a fonte de información para aquelas persoas que estén interesadas na oferta cultural que ofrece a Asociación Cultural Monte da Estrela, sita en Arteixo, Galiza.