jueves, 27 de octubre de 2011

As nosas actividades para Novembro de 2011

Propoñémovos estas interesantes actividades:

1º) Se che gustas as palestras,



Lembra de asistires os sábados de novembro ás 16 horas, ao Centro Cívico de Arteixo ás nosas III Xornadas de Patrimonio. Temos a honra de presentar a...

Día 5:

BERNARDO MAIZ VÁZQUEZ
“O Patrimonio marítimo Galego e as embarcacións Patrimoniais no Norte da Galiza”

XABIER VARELA
“Achegamento á riqueza faunística de Arteixo”

Día 12:

FELIPE ARIAS VILAS
“Do Galaico-romano ao Suevo-Galaico”

ALVARO RODRÍGUEZ RESINO
“Do Imperio Romano á Alta Idade Media”

Día 19:

XURXO SOUTO
“Galiza, contos de música e mar”

VALENTIM RODRIGUES FAGIM
“Uma estratégia mundial para a nossa língua.“

Día 26:

SANTIAGO PRADO CONDE
“Novas posibilidades patrimoniais no mundo do viño"

SEVERIANO ARTESANÍA S.A.
“Torneado evolutivo da madeira”

Inscricións de balde : dirección@montedaestrela.org




2º) Se tamén che apetece camiñar un pouco,



Rota a pé de Cereixo (Vimianzo) a Traba (Laxe), Visita as Torres do Allo e aos Batáns de Mosquetín

Data: Domingo 6 de novembro de 2011
15 quilómetros / 4:30 horas
Grao de dificultade: baixa
Saída ás 8:15 horas
Rota e visita guiada

Prezos: socios 8 euros / Non socios 12 euros
Número limitado de admitidos
Inscrición previa obrigatoria
Contacto: direccion@montedaestrela.org
(obrigatorio deixar un telefone de contacto)

viernes, 23 de septiembre de 2011

IV LIMPEZA SIMULTANEA DE RIOS CON ADEGA


Domingo 2 de outubro, a xente de ADEGA vaise desprazar a Arteixo para limpar o río Bolaños. Concretamente, a quedada está emprazada ás 17h diante do Centro Cívico. No caso de que alguén estea interesado/a en participar, necesitarían que enviásedes o nome e apelidos completo, ademais do DNI, pois ADEGA vai xestionar un seguro para os participantes na limpeza.

http://proxectorios.org/

http://limpeza.proxectorios.org/
Contacto: 652 676 633

viernes, 17 de junio de 2011

A segunda actividade que vos propoñemos é ......



Visita á Exposición Fotográfica 50 anos de Brasilia


O vindeiro venres 1 de xullo a Asociación Cultural Monte da Estrela inaugurará a exposición fotográfica 50 anos de Brasilia a cargo do Arquivo Público do Distrito Federal de Brasilia.

A inauguración será ás 12:00h, no sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo

A exposición permanecerá aberta até o 31 de xullo en horario de mañá

Próximamente...


Antes do comezo das vacacións do verán a Asociación Cultural Monte da Estrela ten previsto dúas actividades.
A primeira:
Proxección do docuemtal:
O MEU NOME É LUÍS 'FERREIRO'. UNHA HISTORIA DO ANTIFRANQUISMO GALEGO
Guión e dirección: Roi Cagiao e Fernando Llor
Asesores históricos: Víctor Santidrián e Xesús Alonso Montero
Edición: Marcos Martínez e Roi Cagiao
Presentan: Fundación 10 de Marzo e Foro pola Memoria de Galicia
Produce: Kinoglaz


LUGAR: Auditorio do Centro Cívico Cultural
Paseo Fluvial, s/n
Arteixo

DATA: mércores 29 de xuño
HORA: 20:00 hs

ORGANIZA: Asociación Cultural Monte da Estrela

Presentación a cargo de:
Luís González (protagonista do documental)
Roi Cagiao (coautor)
Jorge Gil Morabes (documentalista e membro do Foro pola Memoria)
Manuel Villares Creo (Presidente da Fundación 10 de Marzo)
http://omeunomeluisferreiro.blogspot.com/

miércoles, 8 de junio de 2011

Rota Castro de Rei

MANUAL DE CAMPAÑA

A saída será ás 8:30, da paraxe de ómnibus, sita no centro de Arteixo (dirección coruña). De aí, iremos ao Castro de Viladonga, para comezarmos a rota ás 10.00 da mañá, mais non sen facer unha parada para tomar un café.
Lembrade que debemos levar comida para o xantar.

Descrición da rota

Comezaremos ás 10 da mañá, cunha visita ao Museo e Castro de Viladonga, un dos máis importantes da Galiza, de época tardo-romana e moi ben conservado. Desde o Castro temos meio mundo ao redor: os montes de Meira, o Cadramón, e aldeas como a de Vilaseñor, Francos,... e a pasaxe do Miño. Neste castro, apareceu o torques que a asociación “Amigos da Feira” de Castro de Rei, tomou como símbolo.

Rota do Azúmara

É un percurso de oito quilómetros que une o castro de Viladonga coa vila de Castro de Rei, que acondicionaron e puxeron en andamento os membros da asociación “Amigos da Feira”, hai máis de dez anos.

Principiaremos no Monte Cordal, para atravesalo, cunha subida suave e cómoda, que nos oferecerá as primeiras panorámicas: Á esquerda o Val de Francos, pola direita aldeas e casais ollando para a Serra de Meira. Se tivermos o Ceo limpo, poderemos ver o Pedregal de Irimia, verdadeiro berzo do río Miño, unha mancha branca a meia aba. No camiño, toparemos con plantas próprias destas alturas, uces, carqueixas,...

Descendo o Cordal, o camiño vira á direita cara unha casa solitaria, Lamarredonda, e xa a seguir, veremos ao fondo, o Cadramón.

Ao pouco entraremos nun extenso e máxico campo de amieiros, no que a senda irase estreitando, para recebernos máis abaixo, o río Azúmara. Axiña veremos o muíño de prado, hoxe silencioso, e unha casa de alta chaminé. Posteriormente, o camiño volta a estreitarse é a ser frondoso, tendo á nosa esquerda o Monte de Quinto, para toparmos en breve, a Carballeira do Rei con altos castañeiros e carballos. Mais adiante nasce o canal que levaba auga para a Mina de Arsénico, hoxe abandonada. A súa orixe é romana, e segundo contan, dela chegou a extrairse prata. O antedito canal atravesa prados e chousas. Á entrada da mina, podemos contemplar un arco de meio ponto

O segundo muíño da rota, fica na Presa de Prado, lugar fermoso e sombrío no que o río forma un pequeno encoro natural. Á esquerda asoman os lousados de Casas Novas e A Fieitosa, local este, de nascemento do poeta Francisco Vega Ceide, que asinaba co seudónimo de Francisco de Fientosa.

Máis adiante, cruzaremos o río por pequenas pontellas.

Estamos xa no lugar de Samesugueira, cun pé para rematar esta rota, en Castro de Rei, a vila que foi dos Condes de Lemos e preparou herdos cos Pardo de Cela. Disto foi testemuño o castelo, destruído na revolta Irmandiña e derrubado definitivamente en 1941, do que só resta o brasón. No entanto, aínda se conserva o castro orixinal e as casas circundantes. Embaixo teremos o noso parceiro de aventuras, o Azúmara.

Pararemos unha hora para xantar, polas dúas da tarde, no centro de Castro de Rei, á beira do Azúmara. Despois, ás 15:00 horas, coa colaboración e guía dun amigo do lugar, faremos:

A rota da Escrita

Este percurso de sete quilómetros, que atravesa agras e carballeiras, subiranos por unha vía sacra, cara ao Sagrado Corazón (un dos mellores miradoiros da Terra Chá).Teremos como compañeiros de viaxe, 24 poemas de poetas chairegos, e pasaremos por vizosas corredoiras e a carón dalgunhas fontes. Non esquezamos que estas terras, foron transitadas por labregas e labregos, coas súas xugadas de mansas vacas e valentes bois, non hai moito tempo...

O regreso será por volta das 18:00

lunes, 6 de junio de 2011

Camiñada a Castro de Rei

Data: Domingo 12 de xuño de 2011
Dificultade: Baixa
Saída ás 8:30h

Prezos: socios 8 euros
Non socios: 12 euros
Nº Conta Caixa Galicia 2091 0014 92 3000179557
Prazas limitadas - Previa Inscrición -
Contacto: direccion@montedaestrela.org
telf. 667 860 775

Coa próxima saída visitaremos o Castro de Viladonga, e faremos duas rotas a través da natureza e da literatura, a rota do Azúmara e a rota da Escrita, que atravesan o patrimonio artístico e natural de Castro de Rei.

* Rota do Azúmara: É un percurso de oito quiilómetros que une o castro de Viladonga coa vila de Castro de Rei, que acondicionaron e puxeron en funcionamento os membros da asociación Amigos da Feira de Castro de Rei fai máis de dez anos. A rota, que segue o curso do río, decorre por lugares como o Muíño do Prado ou a mina de arsénico que funcionou até a década dos anos 50, e complétase con 19 textos poéticos de escritores chairegos.

Xa á tarde, e despois de xantar en Castro de Rei, comenzaremos a facer a rota da Escrita:

* Rota da Escrita: É unha senda de sete quilómetros de lonxitude que vai desde a igrexia de Castro de Rei á parroquia de Coea. Ao seu paso, o camiñante atópase 24 pedras con poemas sobre a comarca chairega e, a 300 metros da igrexia parroquial de Santa Locaia, pode verse o gran vía crucis da comarca, a estatua do Sagrado Corazón, que vixía a Terra Chá dende os seus 25 metros de altura.

miércoles, 1 de junio de 2011

Presentación do libro de MIGUEL MATO FONDO, Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)


Este venres día 3 de xuño, ás 20:00 horas no na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo terá lugar a presentación do libro de MIGUEL MATO FONDO, Señardade da luz (A obra poética de Manuel María), editado pola AC Alexandre Bóveda.






Intervirán :

-- Miguel Mato, autor do libro.
-- Alberte Ansede, Secretario da Fundación Manuel María.
-- Roberto Catoira, Presidente da AC Alexandre Bóveda, e
-- Aniceto Nunes, da AC Monte da Estrela.

jueves, 26 de mayo de 2011

Presentación do Proxecto Milladoiros de palabras-pedra


Día: Sábado 28 de Maio
Lugar: Centro Cívico Cultural de Arteixo
Hora: 19:30

Ficades todos convidados á apresentación deste proxecto criado e xestionado por Pedro Bravo, compañeiro do Monte da Estrela.




O obxectivo desta proposta é xerar reflexións e afirmacións individuais e colectivas.

Trata-se de procurar erixir nas comarcas do país milladoiros con pedras que leven inscrita unha palabra galega escollida pola persoa participante.

En todas as fases do desenvolvemento será unha obra colectiva, coordenada por unha equipa en cada comarca que será a que decidirá o proxecto definitivo, incluindo a eventual determinación da temática lingüística e/ou simbólica do milladoiro concreto.

http://galegolab.org/idea/amilhadoiros-de-palavras-pedra-1/

martes, 24 de mayo de 2011

Camiñada Agolada

Unha xornada inesquecíbel grazas a un guía de luxo como Manuel Busto Galego, e aos participantes. Máis que un grupo unha pequena familia.

Agradecidos a todos!!!!!!

http://aquamlatam.blogspot.com/

martes, 10 de mayo de 2011

Concerto expansivo en homenaxe a Lois Pereiro

Este xoves 12 de maio ás 20:30 no Café Concerto da Bata de Guata

loispereiro.blogaliza.org

Teremos a honra de contar con:

Cántigas da Terra
Carmen (Tati) Mancebo López
Antón Borrazás

....

lunes, 9 de mayo de 2011

Excursión Agolada


Data: Sábado 21 de maio de 2011
Grao de dificultade: media-baixa
Saída ás 8:00h
Rota e visita guiada

Prezos: socios 8 euros
Non socios: 12 euros
Nº Conta Caixa Galicia 2091 0014 92 3000179557
Prazas limitadas - Previa Inscrición -
Contacto: direccion@montedaestrela.org
telf. 667 860 775






Nesta ocasión propomos coñecer as terras de Agolada, municipio que está situado no centro xeográfico do país, no extremo nordeste da provincia de Pontevedra.
O nome da vila de Agolada podería provir do latín "aqua Lata" (terra brañenta), ou tamén da súa situación xeográfica, xa que está comunicada coas zonas limítrofes, a través de moitas pontes construídas na época romana. De tempos prehistóricos, consérvanse importantes testemuñas correspondentes á cultura megalítica. Así mesmo, son de destacar os moitos castros existentes neste municipio.
DESCRICIÓN DA ROTA:
Desta vez dividirémola en duas etapas:
Imos comezar cunha rota de 7 Km no Sobreiral do Arnego, que é un espazo natural único. Atópase no concello de Agolada, fronteirizo con Lalín e Vila de Cruces. Trátase dunha área forestal no val do río Arnego, formada principalmente por sobreiras (Quercus Sober), especie propia dun clima máis suave, que conseguiu sobreviver e prosperar no val do río Arnego, grazas as condicións climatéricas que apresenta este enclave. O val de Carmoega, conta cun microclima con temperaturas mornas ao longo de todo o ano, polo que resulta ser un hábitat propicio para as sobreiras, mais tamén medran carballos, castañeiros, amieiros, bidueiros, sanguiños, freixos, piñeiros...
A peculiaridade deste paraíso natural fixo con que, se adoptasen medidas para a súa protección, polo que foi incluído na Rede Natura e considerado coma LIC (Lugar de Interese Comunitario).
A rota finaliza nun castro, onde apañaremos o ómnibus que nos levará ao Pazo de Eidián, típica casa solarenga de finais do século XVI, que foi parcialmente modificada con diversas obras defensivas, ao tornarse cantón militar das tropas realistas, no Sec. XIX. Hoxe está dedicado ao turismo rural. Alén desta visita, tamén coñeceremos o Pazo de Borraxeiros, que é unha das máis fermosas obras da arquitectura civil, do noso patrimonio.
Na segunda parte, que decorrerá despois do xantar, percorreremos as torrentes de Mácara (3 Km), nun treito do río Ulla, de gran beleza, con rápidos, pequenas fervenzas e pozas, que nos permitirán desfrutar dun fermoso lugar, cheo de natureza e vida acuática.
Para finalizarmos, visitaremos os Pendellos de Agolada, que constitúen un recinto arquitectónico, ubicado no núcleo urbano do mesmo nome, que era utilizado como punto de venda nas feiras da localidade. A súa construción data do século XVIII.

MANUAL DE CAMPAÑA: A saída será as 8.00, da paraxe de ómnibus, sita no centro de Arteixo (dirección Coruña). De aí, iremos ás terras de Agolada, para comezarmos a rota ás 10.00 da mañá, no Sobreiral do Arnego, mais non sen tomar antes un café, que nos acorde. Posteriormente, por volta das 13.00 visitaremos os Pazos de Eidián e Borraxeiros.
Polas 14.00 tomaremos o xantar, que debemos levar preparado, e por volta das 15.00 principiaremos a segunda parte da rota, desta vez polo Salto de Mácara.
A visita finalizará no núcleo do Concello de Agolada, para visitarmos os pendellos e así regresarmos ás 18.30 horas.

jueves, 5 de mayo de 2011

Próximamente ...

Excursión A Golada (Pontevedra)

Sábado 21 de Maio

Hora prevista de saída: 8:00h

miércoles, 13 de abril de 2011

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Ponte dos Brozos visitan xunto a Julia Ares a exposición da artista

Hoxe os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do CEIP Ponte dos Brozos tiveron a oportunidade de visitar a exposición de Julia Ares, contando coa súa presencia. Unha ocasión que lles permitiu acercarse non so á creación artística senón tamén á artista.

Unha xornada que, de non ser pola predisposición de Julia Ares, e do profesorado, non tería sido posible, a todos vos grazas en nome do Monte da Estrela!!

Visita de escolores á exposición de Julia Ares

viernes, 1 de abril de 2011

Rota a pé polos ríos Vilacoba e San Xusto no Concello de Lousame


Data: Sábado 9 de abril de 2011
Rota Dos rios Vilacoba e San Xusto
19 quilómetros / 6 horas
Grao de dificultade: media-baixa
Saída ás 8:30 horas
Rota e visita guiada

Prezos: socios 8 euros
Non socios: 12 euros
Nº Conta Caixa Galicia 2091 0014 92 3000179557
Prazas limitadas
Contacto: direccion@montedaestrela.org
telf. 667 860 775

Haberá xantar organizado 10€
- Previa Inscrición -


Esta rota vai percorrer as terras de Lousame, un dos concellos máis grandes do seu contorno e tamén un dos máis descoñecidos.

DESCRICIÓN DA ROTA:

No comezo da mesma, no lugar de Brandia, temos as ruínas dunha fábrica de papel, primeira das catro que imos encontrar, ao longo do noso percurso. Xunto á papeleira, hai unha área recreativa, na que destacan dous muíños restaurados.

Nesta primeira parte da rota, de Brandia até Soutorredondo, o río Vilacoba decorre manso e tranquilo, polo medio dun vizoso bosque de ribeira. Así mesmo, o val percorre o Concello de Este para Oeste, dividindo as parroquias de Vilacoba, Lesende e Lousame. Ao longo deste camiño cara o mar, poderemos apreciar unha gran diversidade natural, tanto morfolóxica canto paisaxística e biolóxica, que pode observarse a simples vista, camiñando pola senda das súas ribeiras. Este percurso, continúa polas do seu parceiro, o río San Xusto, que dá nome á parroquia que atravesa, após o seu nacemento en terras de Fontefría.

Na seguinte aldea, a do Castro, temos a uns cen metros da beira esquerda, as aínda impresionantes ruínas da maxestosa fábrica de papel de Fontán. Neste treito, e debido a que o río non ten desniveis importantes, o curso do mesmo chega a formar algunha pequena praia fluvial, como a que encontramos un pouco antes da aldea de Cerquides, perto das ruínas da fábrica de papel da Galiñeira, a terceira no noso camiño. Este traxecto é fácil de andar, e moi apropiado para desfrutar do solitario e frondoso entorno polo que transcorre.

A segunda parte da rota, comeza despois de retomar o camiño, pola beira dereita do río. Á altura desta aldea hai uns afloramentos graníticos que a auga foi erosionando, dando lugar a unha serie de pozos ou piscinas (Pozo das Vacas, Pozo Negro). Nesta impresionante paisaxe, que forman os pozos coa vexetación de ribeira e a morfoloxía do terreo, temos varios muiños pertencentes á aldea de Lesende, o da Fonte e o de Calistro. Será ultrapasando estes rápidos, cando cheguemos á ponte medieval de A Gaiteira, que comunicaba a aldea de Aguieira coa igrexa de Lesende, parroquia á que pertence.

A camiñada continúa pola ribeira dereita do río, cara á ponte de Vilacoba, topando no medio co Pozo da Escaleira, moi visitado no verán polos mozos do contorno. O camiño volta a ser bastante doado, unha vez deixadas atrás a subida a Lesende e a zona dos pozos.

Ao chegarmos á ponte de Vilacoba, desviámonos cara ao monte Colou, continuando o percurso até á aldea de Toxosoutos.

Desde a antedita aldea, pola senda do río San Xusto, xunto á igrexa, pódense facer visitas ás dúas fervenzas, que configuran unha das partes máis espectaculares do noso traxecto.
Posteriormente, atravesaremos a ponte de madeira que hai atrás da Casa Reitoral (convertida en albergue turístico), por unha pequena corredoira que nos conduce ao pombal propiedade do mosteiro.

Partindo deste ponto, imos dar á carballeira da beira do río, por onde continuamos até un camiño que nos leva a Cabanetán, para descermos de novo á beira do mesmo e continuar o seu curso por volta do Pozo do Capitán (en Boña) no que novamente poderemos gozar dunha impresionante fervenza.

O camiño continúa polo canal, que leva a auga á fábrica de papel das Maceiriñas e de alí atravesamos o monte de Béxeres, até chegarmos de volta ao río Vilacoba, na ponte que hai no frontal da fábrica de Fontán.

MANUAL DE CAMPAÑA: A saída será ás 8.30, da paraxe de ómnibus, sita no centro de Arteixo (dirección coruña). De aí, iremos a Lousame, para comezar a rota ás 10.15 da mañá, mais non sen tomar antes un café, que nos acorde completamente. Posteriormente, por volta das 12 farase un pequeno descanso duns 10 minutos, para recuperarmos folgos e así continuar até a hora de xantar, que será por volta das 15.00. Logo dunha hora para comer, retomaremos de novo a rota.

Nesta camiñada, existe a posibilidade de comer no albergue turístico, xunto á igrexa e as dúas fervenzas de Toxosoutos. O prezo do menú é de 10 euros e consistirá nuns petiscos (tortilla, empanada,...) e freixada (raxo con patacas, e pementos), bebidas (auga, e refrescos) e de sobremesa Tarta de queixo ou de mazá. Quen quixer xantar neste lugar, é imprescindíbel inscribirse antes do día 7 de abril.

O regreso será por volta das 18.30

jueves, 31 de marzo de 2011

Inauguración da exposición de Julia Ares

Moitas grazas a todos os que nos acompañastes nesta xornada para nos tan especial, a de ter o privilexio de acoller as creacións dunha artista da calidade de Julia Ares.






sábado, 26 de marzo de 2011

Exposición Julia Ares

Exposición individual da artista JULIA ARES. Nesta ocasión para achegarse a unha mostra da súa obra en xoiería e esculturas en pequeno formato.

Do 31 de marzo ao 17 de abril 2011

Lugar: Centro Cívico de Arteixo
Paseo Balneario, 1
15142 Arteixo, A Coruña


viernes, 25 de marzo de 2011

Próximamente...

Exposición individual da artista JULIA ARES

Unha ocasión para acercarse a súa obra en xoiería e escultura en pequeno formato

Lugar: Centro Cívico de Arteixo
Paseo Balneario, 1
15142, Arteixo

martes, 15 de marzo de 2011

Montedaestrela no programa de radio RECENDO

Hoxe o Montedaestrela está de invitado no programa de radio RECENDO, así que, para todos aqueles que nos seguides ou nos queredes coñecer esperámosvos.

Lembrade que para escoitar "Recendo", que se emite todos os martes de 7 a 8 da tarde, tedes varias posibilidades:

- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.

- Por Internet, na web da emisora www.cuacfm.org, sección "Escóitanos".

sábado, 5 de marzo de 2011

Visita Cultural a Mondoñedo -1ª Parte-

Rota a pe polas terras de Alvaro Cunqueiro

Moitas Grazas a todos os que fixestes posible esta xornada ca vosa participación e colaboración




ALBÚM FOTOGRÁFICO

https://picasaweb.google.com/101281215862903236836/CaminadaMondonedo270211#slideshow/5580371506036671362

jueves, 17 de febrero de 2011

Rota a pé polas terras de Álvaro Cunqueiro e visita Cultural a Mondoñedo






Data: Domingo 27 de febreiro de 2011
Rota da auga- 9,5 quilómetros / 5 horas
Saída ás 8:30 horas
Rota e visita cultural guiada

Prezos: socios 8 euros
Non socios: 12 euros
Nº Conta Caixa Galicia 2091 0014 92 3000179557
Prazas limitadas
Contacto: direccion@montedaestrela.org


A ROTA DA AUGA

A rota que propomos por Mondoñedo, quere facer honra á terra do Álvaro Cunqueiro, autor de obras insignes na literatura galega, como: "Merlín e familia", "Crónicas do Sochantre", "Escola de menciñeiros", "Se o vello Simbad volvese ás illas", "Xente de aquí e de acolá", "Os outros feirantes"... O motivo non é outro, que conmemorar o centenario do seu nacemento (1911-1981).

Esta terra, localizada ao pé da serra do Xistral, posúe unha grande riqueza natural, da que fan parte toda unha serie de vales e abas, de gran singularidade biolóxica e paisaxística, sen esquecérmonos dos múltiplos ríos, regos e regatos que sulcan este privilexiado territorio. Tanto é así, que como dicía o ilustre escritor mindoniense, "Mondoñedo é rico en pan, en augas e en latín". Por tanto, un concello con moito patrimonio, historia e cultura (latín) e cunha formidábel variedade de formas acuáticas,cuxa principal fonte é fornecida polo río Masma.

DESCRICIÓN DA ROTA: Este itinerario constitúe unha alternativa á vida urbana, na que nos adentraremos en recantos naturais de gran beleza, nos que están presentes, todo tipo de paisaxes, formas e cores, como son bosques autóctonos, muíños, aldeas de lousa, ríos e fervenzas.

Na primeira parte do percurso, poderemos contemplar a "Fonte Vella", que data do século XVI, para máis adiante atravesarmos por bosques poboados de especies singulares e chegarmos ao "Muíño de Lavapés".

A senda continúa á beira do "Regato do Coro", para terminar na apoteose da fervenza do mesmo nome.

Nunha segunda parte, apañaremos o "Camiño das sete voltas", que nos levará até a aldea do Barral e as proximidades da "Cova do Rei Cintolo", percorrendo fermosas paraxes e antigas aldeas como as de Supena, Orxal, Pacios e Vilar, para voltarmos novamente aos arredores da entrada da antedita Cova.

PATRIMONIO HISTÓRICO: Mondoñedo reúne un amplo patrimonio monumental, que nos nosos días está catalogado como conxunto histórico-artístico. É de especial mención a Catedral construída no século XIII, o Pazo Episcopal, a Fonte Vella, construída sobre unha anterior en 1548, o Real Seminario Conciliar Santa Catalina, o Consistorio Vello, o Mosteiro da Concepción (século XVIII), o Santuario da Nosa Señora dos Remedios, o Hospital de San Pablo e San Lázaro e a Ponte do Pasatempo.

MANUAL DE CAMPAÑA: A saída será ás 8.30, da paraxe de ómnibus, sita no centro de Arteixo (dirección Coruña). De aí, iremos a Mondoñedo, para comezarmos a rota ás 10.15 da mañá, mais non sen tomar antes un merecido café, que nos acorde completamente. Posteriormente, por volta das 12 farase un pequeno descanso duns dez minutos, para recuperarmos folgos e así continuar até a hora de xantar, que será polas 14 horas, o último impulso até o final da rota de hoxe.

Ás 17 horas aproximadamente, faremos unha visita guiada pola vella e fermosa vila de Mondoñedo, onde se percorrerán os lugares máis significativos e emblemáticos do autor homenaxeado.

O regreso será por volta das 18 horas.


Organiza

Asociación Cultural Monte da Estrela


Colabora

Diputación da Coruña

martes, 18 de enero de 2011

VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN "Cen por cen Seoane. Cen anos, cen lugares". A CORUÑA



O vindeiro venres día 28 de xaneiro ás 19,30 horas da tarde, na sede da Fundación Caixa Galicia nos Cantóns (A Coruña), temos reservada unha visita guiada para os socios do Monte da Estrela que queiran ver a exposición do pintor/escultor galego Luís Seoane. As persoas interesadas deben de anotarse enviando un correo a manuela@montedaestrela.org, antes do día 25 de xaneiro. O encontro producirase entre as 19:15 e 19:25 na entrada da Fundación Caixa Galicia nos Cantóns. A duración estimada da visita é dunha hora.


“Cremos que o que uniformiza diminúe ao ser humano, que as diferenzas culturais enriquecen a humanidade. Nós queremos axudar a enriquecer ao mundo coa nosa diferenza.”

Luís Seoane